logra
é un gabinete de psicoloxía pero tamén é unha forma verbal, resultado da conxugación do verbo lograr. O noso nome di moito de nós, un nome en positivo, que fala de sacrificio pero tamén fala de recompensa.

Este gabinete púxose en marcha cunha finalidade: axudar ás persoas en situación problemática a emprender o camiño de saída de dita situación. Á fronte do equipo de psicólogos que integra a plantilla de logra está Chus López Agra. Licenciada en Psicoloxía pola Universidade de Santiago de Compostela, conta con máis de dez anos na profesión, e desexaba crear un centro terapéutico capaz de ofrecer unha asistencia flexible e individualizada. Un centro de atención psicolóxica que ofrece atención individual, familiar e de parella. Un centro onde se considera ao individuo como parte dun sistema máis complexo, o que na xerga especializada denominan 'terapia sistémica ou familiar'.

O obxectivo de logra é darlle alento ás persoas que solicitan a súa axuda para que consigan os seus propios obxectivos.






 
     
gabinete de psicoloxía logra  rúa zaragoza , 34 Portal I - 1º C 36203 Vigo T 986 114 558 M 698 123 416 info@psicologra.com
Nº de Rexistro Sanitario: C-36-001955 · Aviso Legal Política de privacidad Política de cookies