benvida
Dende o gabinete de psicoloxía logra dámosvos a benvida ao noso sitio web, un espazo onde podedes achegarvos á nosa filosofía de traballo, ver as nosas instalacións e mesmo falar connosco antes de ter un primeiro encontro.


O noso obxectivo como gabinete de psicoloxía é axudar ás persoas en situación problemática a emprender o camiño de saída dunha situación non desexada. O noso papel consiste en apoiarvos nese percorrido cara ao obxectivo final que é ter superado o problema. É por isto que a idea de camiño nos parece fundamental. Pero non se trata dun camiño calquera. É un camiño ascendente, un camiño que implica esforzo e capacidade de superación. Para este percorrido será imprescindible que a persoa que teña que emprender a subida descubra e empregue os seus propios recursos, por suposto, axudada polo gabinete.

Descubrir as propias capacidades e aprender a empregalas son tamén unha parte central do noso ideario profesional. A nosa intervención en todo o proceso debe pasar por conseguir que cada persoa sexa consciente disto.

O gabinete de psicoloxía logra é un centro de atención psicolóxica integral que considera que todas as persoas formamos parte dun sistema de relacións.

Os máis de dez anos de experiencia d@s profesionais que integran o equipo de logra fan que calquera das opinións que se manifesten estean respaldadas por un criterio profesional construído dende o coñecemento da especialidade así como do tratamento de moitos pacientes ao longo destes anos.


 
 
 

gabinete de psicoloxía logra  rúa zaragoza, 34 Portal I - 1º C 36203 Vigo T 986 114 558 M 698 123 416 info@psicologra.com   GAL | CAST

Nº de Rexistro Sanitario: C-36-001955 · Aviso Legal Política de privacidad Política de cookies